RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A deportivista Sara Álvarez incorpórase mañá á selección española sub-17

A futbolista do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez foi citada para uns adestramentos coa selección española sub-17.

Ditas sesións de traballo terán lugar desde mañá luns 25 ao mércores 27 na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Sara Álvarez foi titular hoxe domingo en Santander co Dépor ABANCA B no seu partido ante o CDE Racing Féminas B.