RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Escola RC Deportivo pon en marcha un grupo de adestramento para persoas con Diversidade Funcional

A Fundación RC Deportivo amplía o alcance dos seus proxectos sociais dirixidos ás persoas con Diversidade Funcional. Ao asentado proxecto do Dépor Genuine suma, desde este curso, a posta en marcha, dentro da Escola RC Deportivo, dun grupo específico dedicado á participación de futbolistas con Diversidade Funcional.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todas as persoas con Diversidade Funcional entre 12 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

Pódese participar en 1 ou 2 quendas á semana. As prazas son limitadas a 18 participantes en cada quenda. Os horarios da Escola RC Deportivo para persoas con diversidade funcional son martes 17:30 h. a 18:30 h. e mércores 19:30 h. a 20:30 h.

A inscrición debe completarse antes do 30 de setembro enchendo o formulario dispoñible en https://forms.gle/MkdwcDctsm29uwZr6

Unha vez respondido o formulario, para completar a inscrición débese realizar o pago do importe correspondente (segundo tarifas) no número de conta ABANCA ES15 2080 0012 3530 4004 4125 indicando no concepto NOME + APELIDOS da persoa participante.

As tarifas da Escola RC Deportivo son as seguintes:

OPCIÓN 1H/SEMANA

Pódese acudir unicamente a adestrar unha hora.

50€/mes Sen desconto

45€/mes Con desconto

OPCIÓN 2H/SEMANA

Pódese acudir a adestrar 2 horas, nas diferentes quendas.

95€/mes Sen desconto

85€/mes Con desconto

APLICACIÓN DE DESCONTOS

  • Socios/Accionistas do RC Deportivo
  • Familias numerosas
  • Familias que inscriban a máis dun fillo (Aplicarase o desconto para cada un deles)
  • Antigos participantes nos DéporCampus Cabreiroá
  • Antigos participantes na Escola RC Deportivo
  • Xogadores pertencentes a club colaborador da Escola

MATRÍCULA

Cada participante, únicamente a primeira vez que participa, debe abonar a matrícula (30€ o 25€ con desconto) coa que se lle entregará unha equipación Kappa composta de camiseta e pantalón.

Unha vez completado o pago, debe enviarse o xustificante de pago, certificado de discapacidade, o ditame técnico facultativo (en caso de telo) á conta de correo escola@rcdeportivo.es e en caso de ser a tarifa con desconto tamén a documentación que o acredite.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición pódese contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.