RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

A gardameta Antía Veiga, citada para uns adestramentos coa selección española sub-16

Antía Veiga Caramés (Ames, 9 de maio de 2009) foi convocada pola selección española sub-16 para uns adestramentos que terán lugar do luns 29 ao mércores 31 en Las Rozas (Madrid).

A gardameta orzanista, titular o pasado domingo no equipo xuvenil de Primera Autonómica, colle así a substitución doutros canteiráns branquiazuis que se atopan no radar das categorías inferiores da selección española como David Mella, Kevin Sánchez, Pablo García, José Rey, Elena Vázquez ou Lucía Rivas.

Antes, Antía Veiga participará coa selección galega sub-15 mañá mércores 24 de xaneiro ás 18:00 no Novo Milladoiro nun amigable ante a SD Milladoiro de categoría infantil; ao que acudirán tamén as súas compañeiras Daniela Macedo e Claudia Sande.