RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A selección española, xa coa deportivista Athenea, desprázase hoxe xoves a Sevilla

- Foto: @SeFutbolFem -

A selección española, xa coa xogadora do Deportivo ABANCA Athenea del Castillo nas súas filas, desprázase hoxe xoves a Sevilla de cara ao partido ante a República Checa de mañá venres 23 de outubro (21:00 horas) no Estadio de La Cartuja de Sevilla, clasificatorio para a próxima Eurocopa.

A atacante branquiazul releva á súa compañeira Peke, que participou na anterior concentración da selección española con motivo da visita a Moldavia.

Athenea incorporouse onte ao equipo nacional en substitución da lesionada Lucía García nunha semana sen liga na Primera Iberdrola.