RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A Selección Galega sub-18, con catro deportivistas, fai os deberes e gaña a Extremadura

- Foto: @Futgal -

Cinco xogadoras do Deportivo ABANCA entraron en xogo esta fin de semana coa Selección Galega sub-18 na Segunda Fase do Campionato de España de Seleccións Territoriais, na Alcudia: Antía, Malena, Lía, Teresa e Jessica.

Hoxe, as galegas golearon (0-4) a Extremadura, coa participación de catro deportivistas. Teresa, Lía e Malena xogaron completo o encontro; e Antía disputou os últimos 7 minutos. A meta Jessica volveu ver o choque desde o banco.

O seu primeiro rival onte venres foi as Illas Baleares, á que derrotou (5-1). Destacou Teresa, autor de 3 tantos. A capitá do Deportivo ABANCA xogou completo o partido, do mesmo xeito que Antía, Malena e Lía. O porteiro Jessica non chegou a participar.

Desta forma, a Selección Galega suma 9 puntos unha diferenza de goles de +8, contando os da Primeira Fase. Así pois necesita unha carambola para obter unha praza na Fase Final: Madrid ou Valencia deben perder con Murcia ou Asturias respectivamente, e que ademais Illas Baleares non gañe a Extremadura mañá domingo.

Os resultados de Galicia nesta Segunda Fase foron os seguintes:

Venres 9 de febreiro
GALICIA 5 - ILLAS BALEARES 1

Sábado 10 de febreiro
EXTREMADURA 0 - GALICIA 4

Carlota entrou na segunda parte con Galicia sub-16

Carlota Sánchez, xogadora do Deportivo ABANCA B, disputou a segunda parte do empate da Selección Galega sub-16 ante Extremadura (1-1), na segunda xornada da Segunda Fase do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais.

Onte venres, a futbolista branquiazul foi titular e xogou completo o encontro ante Baleares (1-1), na primeira xornada.

Desta forma, o combinado galego suma 6 puntos, contando os da Primeira Fase, que non lle son suficientes para pasar á Fase Final.

Os resultados de Galicia sub-16 na Alcudia foron os seguintes:

Venres 9 de febreiro
GALICIA 1 - ILLAS BALEARES 1

Sábado 10 de febreiro
EXTREMADURA 1 - GALICIA 1