RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Abegondo acollerá o 17 de maio o XVIII Torneo RC Deportivo, que terá límite de inscricións

O RC Deportivo organizará un ano máis o seu torneo de categorías Benxamín e Prebenxamín, que terá lugar, seguindo a tradición, o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

O Torneo RC Deportivo faise maior, pois en 2024 cumpre o seu XVIII edición. Nesta ocasión, haberá unha cota máxima de equipos inscritos, con 80 en categoría Benxamín e 80 en categoría Prebenxamín.

Debido a esta limitación de prazas, rógase aos equipos interesados que procedan a inscribirse a través desta ligazón canto antes, posto que a cota cubrirase por estrita orde de inscrición.

Desde 2004, fóra de 2020, 2021 e 2022 debido á pandemia mundial de COVID-19, a Cidade Deportiva de Abegondo acolle a gran festa do fútbol basee galego, acollendo un torneo que pode considerarse como o campionato rexional oficioso en ambas as categorías.

O RC Deportivo, con 5 títulos, é o dominador do palmarés en categoría Benxamín. En categoría Prebenxamín, que se disputa desde 2015 xa que con anterioridade celebrábase un torneo Alevín (con 8 triunfos deportivistas en 11 edicións), ninguén conseguiu repetir vitoria, con éxitos do Victoria CF, ED Val Miñor Nigrán, SD Cristo da Victoria, EF Luis Calvo Sanz, CD Calasanz e UD Mos.