RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Aberta a inscrición a novas altas para a sede de Alvedro da Escola RC Deportivo

O vindeiro mércores 1 de outubro arrincará un novo curso, o oitavo, da Escola RC Deportivo, que se prolongará até maio de 2026.

Xa está aberto desde este luns 1 de setembro o prazo de inscrición para novas altas en http://escola.rcdeportivo.es para a sede de Alvedro. 

Esta escola profesional de fútbol, destinada a todos os nenos e nenas que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica, presenta este curso varias novidades.

Así, na sede de Alvedro, ademais dos luns, mércores e venres, haberá quenda os martes e xoves.

Ademais, neste curso están previstas 3 modalidades:

-Iniciación, dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2019 e 2021.

Haberá grupos reducidos (máximo 8 xogadores/as) e os obxectivos son: descubrimento do xogo e actividades para descubrir o fútbol; familiarización co balón e xogos predeportivos; e finalmente habilidades motrices básicas e psicomotricidade.

 

-Tecnificación, para nenos e nenas nacidos entre 2015 e 2018; e tamén en grupos reducidos.

Aplícase a metodoloxía específica do adestramento de fútbol 8 do RC Deportivo, traballarase a mellora de xestos técnicos ofensivos e defensivos; á vez que se axudará na comprensión do xogo do xogador e toma de decisións.

-Perfeccionamento, para nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2018.

Este nivel é de adestramento de alto nivel, con sesións individualizadas e en grupos máis reducidos.

O material de adestramento é avanzado, e haberá un seguimento e avaliación continua para potenciar o seu rendemento.

Trátase dunha oportunidade única para levar o seu fútbol ao seguinte nivel co selo formativo do RC Deportivo.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.