RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
TERESA HERRERA

Abertas este venres, primeira xornada do Trofeo Teresa Herrera, unicamente os despachos de billetes do Palacio dos Deportes

Hoxe venres 9 de agosto, primeira xornada do Trofeo Teresa Herrera, permanecerá aberta unicamente o despacho de billetes do Palacio dos Deportes desde as 16:00 ás 21:15 para atender incidencias; e para a retirada de invitacións dos socios e para a venda de entradas de público para o trofeo decano dos torneos estivais.

A Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) estará pechada.

O sábado 10 de agosto o horario dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes será desde as 14.00 até as 22.00 h.

As persoas socias deberán retirar a súa invitación para cada un dos días da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera masculino e da XII edición feminina correspondente á súa bancada de abonado, que non ten por que coincidir co seu asento do resto da temporada.

Para iso debe acceder a https://bancada.rcdeportivo.es/ co seu ID de socio e o seu pin, que está formada polos 4 últimos díxitos do seu DNI. A partir de aí seleccionar asento e retirar a súa entrada gratuíta.

Ademais, no transcurso do torneo, no momento no que o afeccionado salga de ABANCA-RIAZOR xa non poderá volver entrar ao estadio.

Tamén están dispoñibles en https://bancada.rcdeportivo.es/ as entradas de público. Os prezos oscilan entre os 20 euros de Tribuna e Preferencia; e os 15 euros de Marathón Superior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.

A bancada de Marathón Inferior non sairá á venda online. Os abonados desa bancada que non retirasen a súa invitación poderán retiralo presencialmente no Palacio dos Deportes.

Unicamente poderán comprar entradas de Marathón Inferior presencialmente no Palacio dos Deportes os abonados desa bancada presentando DNI ou abono dixital.

Tamén están dispoñibles asentos na Tribuna Inferior VIP.