RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
TERESA HERRERA

Dépor e CD Calasanz, campións da 28 edición do Mini Teresa Herrera

Como cada ano, a 28 edición do Trofeo Mini Teresa Herrera abriu este sábado pola mañá unha intensa xornada de fútbol no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Así, a final en categoría benxamín levouna o Deportivo, que derrotou por 5-1 ao Ural Español CF con goles de Nico Castro -2-, Pablo Gómez, Leo Galbán e Gael Fernández.

Pola súa banda, o CD Calasanz foi o gañador en prebenxamíns ao derrotar ao Victoria CF na quenda de penaltis por 3-2. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate a un gol.