RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
TERESA HERRERA

O Dépor adxudícase o seu 26 Trofeo Teresa Herrera ao derrotar ao Le Havre AC

Xusto unha semana antes de arrincar LaLiga Hypermotion en Granada, o Dépor realizou a súa posta de longo ante os seus afeccionados este sábado 9 de agosto na 80 edición do Trofeo Teresa Herrera.

O rival nesta ocasión foi o Le Havre AC da Primera División de Francia.

O equipo deportivista presentábase ante #ANOSAFORZA após tombar por 1-2 a todo unha 'Primera División', o Real Oviedo, no Trofeo Emma Cuervo de Ribadeo. Ademais os branquiazuis remontaron un tanto inicial ovetense no inicio da segunda metade.

E esta tarde volveu callar unha boa actuación e levou o Trofeo Teresa Herrera por 2-0, con goles de Eddahchouri e Yeremay.

Foron baixa para o partido Jose Ángel, Petxarroman e Ximo Navarro, estes días con adestramento personalizado aínda que o último xa empezou a facer tarefas co grupo.

Antonio Hidaldo dispuxo de inicio o seu esquema habitual de 3 centrais (Loureiro, Arnau e Dani Barcia), con 2 carrileros (Escudero e Luismi Cruz). Por diante situáronse Gragera e Villares; e Yeremay, Mario Soriano e Eddahchouri foron os futbolistas máis adiantados.

As ocasións máis claras na primeira metade foron todas branquiazuis.

Eddahchouri nos minutos 7 e 9 atopouse coa meta Diaw. Primeiro de cabeza e logo coa perna dereita rematou o dianteiro holandés.

Os franceses, un equipo moi físico tal e como xa advertira en rolda de prensa Antonio Hidalgo, lograron equilibrar o encontro despois dun moi bo inicio do Dépor.

No entanto, Germán apenas tiña que intervir.

Aos 38 minutos, Yeremay remata raso pegado ao pau dereito e volve sacar providencialmente o porteiro Diaw.

Loureiro, activo tamén en ataque, xutou frouxo aínda que colocado a un minuto para o descanso. Parou ben Diaw.

O único remate francés foi unha cabezada de Kechta no segundo pau ás mans de Germán.

Con 0-0 nunha primeira metade con moito ritmo chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, o partido seguiu coa mesma tónica. 

O Dépor adiantouse no marcador aos 65 minutos. Quagliata mete un centro medido ás costas do central. Eddahchouri controla e supera con frialdade a Diaw.

Mella, que relevara a Luismi Cruz, tivo a sentenza no 69. O canteirán recibe de Yeremay, que se foi por velocidade, pero o seu remate márchase fóra.

Si sentenciou Yeremay nun man a man ante Diaw. O meta francés non puido evitar o segundo.

Foi o punto e final ao partido.

O Dépor suma así a súa 26ª Torre de Hércules.

Deportivo: Germán, Luismi Cruz (Mella, min. 62), Loureiro (Damián, min. 84), Arnau (Lucas Noubi, min. 46), Dani Barcia (Samu, min. 62), Escudero (Quagliata, min. 62), Gragera (Patiño, min. 62), Villares (Cristian Herrera, min. 73), Mario Soriano (Rubén López, min. 73), Yeremay (Martín Ochoa, min. 84) e Eddahchouri (Bouldini, min. 73)

Lle Havre AC: Diaw, Lloris (Nego, min. 87), Kechta, Seko (Thiaré, min. 87), Ndiaye (Bouneb, min. 87), Zouaoui, Namli (Doucoure, min. 81), Delaine, Ebonog (Kyeremeh, min. 64), Soumare (Logbo, min. 87) e Sangante (Youte, min. 64)

Árbitro: Miguel González Díaz, do comité galego. Amoestou a Sangante (min. 60), Quagliata (min. 80), Kechta (min. 80) e Diaw (min. 80)

Goles: 1-0 Eddahchouri (min. 65); 2-0 Yeremay (min. 82)

Incidencias: partido correspondente á 80ª edición do Trofeo Teresa Herrera disputado en ABANCA-RIAZOR ante 12.744 espectadores