RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Abertos os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor este domingo 26 a partir das 18:00 horas

Este domingo 26 de outubro, día do partido ante o Real Valladolid, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 18:00 horas.

Xa que o encontro foi declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte non se venderán nos despachos de billetes entradas de público, que unicamente estarán dispoñibles en calquera momento en bancada.es.

Os prezos das localidades serán a partir de 35 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.