RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adestramento forte da semana tamén con tarefa de finalizacións "para acertar arriba máis e acabar ben as xogadas"

Óscar Gilsanz dispuxo esta mañá unha intensa sesión de traballo entre os campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.

A xornada arrincou cunha activación con rondos e un exercicio de finalizacións.

David Mella, ao recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de decembro, apunta que en Málaga faltou para sacar os 3 puntos "acerto arriba ou decidir mellor en 3/4 de campo. Un gol pódecho marcar calquera equipo, aínda que sexa de Preferente, de calquera categoría. Entón temos que acertar arriba máis e acabar ben as xogadas".

A continuación, o corpo técnico dispuxo un exercicio de posición con porterías pequenas e un ensaio ao plan de partido para o choque no Plantío deste domingo 19 de xaneiro ás 14:00 ante o Burgos CF (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2).

Escudero e Ximo Navarro estiveron hoxe con adestramento personalizado; mentres que Kevin Sánchez e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá venres 17 de xaneiro Os Nosos están citados a partir das 8:30 para almorzar e saltar ao céspede a partir das 11:00 horas.