RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adestramento para Os Nosos en Abegondo apenas 8 horas despois de chegar en autocar de Vitoria

Apenas 8 horas despois de baixarse do autocar de regreso de Vitoria, Os Nosos estaban citados en Abegondo para unha nova sesión de adestramento.

Na zona mixta após o encontro ante o CD Mirandés, e preguntado polos diferentes sistemas que utiliza o Dépor durante os partidos, Mario Soriano explica que "o míster pon moitísimas variantes durante os adestramentos, liña de 3, liña de 5, laterais con liña de 4, no medio vai movendo posicións para cando chegue o día do partido todos esteamos adaptados ás posicións que probamos nos adestramentos. Temos que adaptarnos a todo porque somos un gran grupo con xogadores que poden xogar en moitísimas posicións".

Como é habitual nas sesións pospartido, Antonio Hidalgo dividiu ao cadro en dous grupos.

Os titulares onte en Mendizorrotza ante o CD Mirandés tiveron unha xornada de recuperación após facer a activación e un xogo de posición cos demais.

Para o resto do cadro, a mañá foi de alta intensidade, con finalizacións e fútbol reducido.

O atacante deportivista valora ademais que "a xente que sae de banco achéguenos moitísimo porque todos van ter oportunidades".

Jose Ángel fai tarefas co grupo e Gragera está con adestramento personalizado; mentres que Samu e Kike Fernández foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este luns 15 hai xornada de descanso. O Dépor regresa aos adestramentos o martes 16 ás 10:30 nunha semana curta posto que a SD Huesca visita ABANCA-RIAZOR o venres 19 de setembro ás 20:30 (TEN, GOL, TVG e LaLiga TV Hypermotion, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).