RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín confesa que "é un orgullo para nós cumprir o obxectivo"

Ainhoa Marín manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "todas a principios de temporada se nos fan asinar nun papel que a falta dunha xornada ímonos a salvar, todas o asinamos. Estamos moi contentas. Era o obxectivo que tiñamos desde principio de temporada e para nós é un orgullo cumprilo".

A internacional deportivista fala após logralo de "unha sensación de liberación, de facer o traballo que había que facer, competindo. Daquela todas celebrámolo. Facíanos falta estar xuntas, divertíndonos e poder gozar do conseguido".

Advirte que o Madrid CFF, rival este domingo 18 de maio ás 12:00 (Dazn) no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, vai ser "complicado. Ha ir de menos a máis. Queremos gañar, queremos acabar xa a liga podendo ter unha vitoria máis. Imos ir a Madrid a competir, que é o que levamos facendo, coa cabeza en poder levarnos os 3 puntos, dar unha versión do Dépor ABANCA máis con balón. A ver que somos capaces con esa tranquilidade de salvarnos".

É autocrítica a atacante deportivista coa súa temporada: "Gustoume ser máis regular. Fun de máis a menos. O xogarnos moitas cousas fai que cometas máis erros por precipitacións. Gustoume ser máis regular. É o que vou buscar a temporada que vén. Oxalá o poida conseguir".

Cre que "o proxecto vai dar un paso máis. Queremos seguir en Primera División o ano que vén pero vai ir un pasiño máis adiante. Kevin (Cabado, responsable do Dépor ABANCA) vai facer un cadro competente para o que vai ser o ano que vén".

Nesta liña, pide "quedar por encima do que fixemos esta temporada, podendo ter unha imaxe de xogo competitiva e chamando a #ANOSAFORZA a que veñan vernos".

Finalmente Ainhoa Marín destaca que "como empezaremos con Fran a temporada poderemos traballar modelos de xogo, como sacar o que ten cada xogadora e poder trasladalo a un conxunto que é o equipo. Iso vai ser un dos obxectivos porque o que quero é que enganchemos a #ANOSAFORZA. Esta fin de semana puxéronseme os pelos de punta con tanta xente ao saír ao campo. A min gustaríame vivir iso cada fin de semana, que non sexa só algo puntual".