A futbolista do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín está concentrada coa selección española sub-23 para dous partidos internacionais en Murcia correspondentes á Fase Final da Liga de Partidos Internacionais Amigables.
O primeiro deles será mañá xoves 3 de abril ás 19:00 ante Inglaterra no Estadio Enrique Roca, retransmitido en directo polas canles oficiais da Federación Española de Fútbol.
O pasado mes de febreiro, Ainhoa Marín xa foi titular ante Bélxica (1-0) e saíu ao campo no minuto 62 fronte a Dinamarca (3-0) no que tivo unha ocasión que acabou rexeitada polo pau.
O calendario de partidos de España sub-23 é o seguinte:
Xoves 3 de abril 19:00: ESPAÑA - INGLATERRA, no Estadio Enrique Roca de Murcia.
Domingo 6 de abril 13:00 ou 19:00: ESPAÑA - BÉLXICA ou SUECIA, no Estadio Enrique Roca.
O regreso da futbolista do Dépor ABANCA está previsto o luns 7 de abril pola mañá.