RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Alberto e Hugo Ríos pecharon o curso da quenda dos venres da sede de Alvedro da Escola RC Deportivo

Os porteiros do Fabril Alberto e Hugo Ríos foron os encargados de clausurar a quenda dos venres da sede de Alvedro da Escola RC Deportivo.

Os máis de medio centenar de nenos e nenas recibiron de mans dos dous canteiráns os correspondentes diplomas; tiveron a ocasión de charlar con eles; recoller as súas firmas en camisetas, botas, postais... e facerse fotos con ambos.

O pasado mes de outubro arrincou un novo curso, o sétimo, da Escola RC Deportivo nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís; ás que houbo que engadir Sada e Zas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

As Escolas RC Deportivo Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís están destinadas a todos os alumnos/as de cada centro que desexen participar.

Calquera centro que desexe participar ou queira crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en escola@rcdeportivo.es.

Ademais, na súa localización da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre desenvolveu a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. 

Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional puxo en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.