Alta intensidade no Dépor con traballo ao máximo que podamos para demostrar as nosas calidades e gañar o domingo
Os Nosos realizaron esta mañá a primeira sesión de traballo orientada á visita da Celta Fortuna a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 8 de outubro ás 19:00 horas (FEF TV), correspondente á 7ª xornada.
En rolda de prensa, Dani Barcia, o novo futbolista coruñés que debutou en liga a pasada fin de semana en Fuenlabrada despois de 13 temporadas en #ANOSACANTEIRA, advirte que "no Deportivo todos os partidos son importantes sexa o filial do Celta ou calquera outro equipo".
O mozo branquiazul pide "traballar toda a semana ao máximo que podamos para demostrar as nosas calidades e gañar o partido".
Imanol Idiakez dispuxo dun adestramento de alta intensidade, cunha activación con rondos, un exercicio de posesión e tarefas de fútbol en espazo reducido.
Están con traballo personalizado Yeremay, Pablo Martínez, Balenziaga e Barbero, aos que se lle uniu o canteirán Jairo, cunha contusión nun pé.
Precisamente Brais Suárez, Martín Ochoa, Mella, Rubén López, Óscar Marotías e Puerto foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo ás 8:45 e comida posterior tamén na Cidade Deportiva.