Adrià Altimira asegura que o partido deste domingo 8 de febreiro en ABANCA-RIAZOR ante o Albacete Balompié (16:15, LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) é "un partido importante para darlle unha alegría a #ANOSAFORZA, que a merece. É verdade que estamos a conseguir bastantes máis puntos fóra pero iso non quere dicir que non nos sintamos cómodos en ABANCA-RIAZOR. Quero pedir a ANOSAFORZA que nos apoie como en cada partido. É necesario. Se seguimos así estou seguro que conseguiremos os 3 puntos".
Do conxunto manchego pensa que "é un rival difícil de bater como todos. É un equipo bastante forte. Vén de eliminar ao Real Madrid e de estar aí co Barça. Nós témonos que centrar no noso xogo, no que podamos mellorar, en analizar ao rival".
Altimira ve unha Liga Hypermotion "moi apertada. É moi importante ir partido a partido porque con calquera equipo de abaixo pódese complicar. É importante centrarse durante a semana no equipo que nos imos a enfrontar a fin de semana. Neste caso é o Albacete".
Asegura após recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de xaneiro que foi "bastante ben recibido por todos os compañeiros, pola xente do staff. A cidade é incrible. É un sitio para estar a gusto, para centrarse no fútbol, que é ao que vimos. Non puiden vir a un sitio mellor".
Titular en liga nos partidos do mes de xaneiro, confesa que "tiña xa ganas de sumar eses minutos que me faltaban en Villarreal. Cando cheguei xa estaba a disposición do míster. Tocoume saír de inicio o primeiro partido e até agora todo o que levo xogado".
Finalmente Altimira insiste que "tiña moitas ganas de vir aquí, de demostrar o nivel que tiña e axudar ao equipo o máximo posible".
