RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Álvaro García Diéguez, novo presidente do RC Deportivo

Álvaro García Diéguez resultou elixido Presidente do RC Deportivo, o cuadraxésimo noveno nos case 117 anos de historia do Club, trala Xunta de Accionistas celebrada esta mañá no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Alejandro Bergantiños García, Carlos Alberto Ballesta Edreira, Michelle Clemente Escotet e José Vicente Fernández Rodríguez serán o catro Conselleiros, mentres que David Villasuso Castaño exercerá como Secretario do Consello.

Álvaro Valentín García Diéguez (A Coruña, 5 de marzo de 1959) é o socio 8.981 do RC Deportivo. É licenciado en Ciencias Económicas pola USC e Máster en Mercadotecnia Empresarial pola Politécnica de Madrid. Desenvolveu integramente a súa carreira profesional no sector financeiro, ocupando postos de responsabilidade nas áreas de Desenvolvemento de Negocio, Medios de Pago e Negocio Especializado, responsabilizándose da definición da estratexia comercial no ámbito de particulares e empresas. Nos últimos anos foi o director xeral de ABANCA Seguros, área que se converteu nun dos alicerces estratéxicos da entidade financeira. Foi e é conselleiro de diversas entidades do sector de Investimentos e Seguros e profesor da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade da Coruña.