Amin Mustapha, concentrado con Marrocos sub-20, xoga mañá un amigable ante a República Democrática do Congo
Amin Mustapha está concentrado coa selección de Marrocos sub-20 desde onte domingo 19 até o 26 de maio no Complexo Mohammed VI en Rabat.
Durante estes días, o combinado marroquí disputará dous amigables ante a República Democrática do Congo no citado complexo deportivo, segundo este calendario:
Mércores 22 de maio 19:00 (hora galega): MARROCOS - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO
Sábado 25 de maio 19:00 (hora galega): MARROCOS - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO
O xuvenil branquiazul xa foi citado o pasado mes de xaneiro con este combinado nacional, neste caso para dous partidos ante Mauritania, tamén de preparación.
Amin Moustapha é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.