Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa que "ABANCA-RIAZOR estivo incrible empuxando desde o primeiro minuto. O estadio empeza a sentir e o xogador nótao, sobre todo nos últimos minutos".
O técnico deportivista fala dunha "situación de extrema igualdade porque un partido che pode mesmo sacar do play off se non o gañas. Queda moitísimo por diante. O importante é sumar de 3 sabendo que temos que mellorar cousas".
Cre que a vitoria ante o Albacete Balompié é "moi necesaria por moitos motivos e porque é en ABANCA-RIAZOR despois deses 5 partidos contando o de hoxe".
Antonio Hidalgo apuntou que o rival "que vén de moi boa dinámica atopou unha idea, un sistema que lle está dando moita solidez. Empuxounos sobre todo pola nosa banda esquerda. Aí tivemos que modificar a situación e nos últimos minutos non sufrimos en exceso".
Conclúe que na primeira media hora "expomos o partido de ser protagonistas, estar en campo contrario, ter o dominio, non deixar saír ao rival. Posche por diante. Empezas a facer cousas que non tocan nese momento, a arriscar. Córrenche, o equipo contrario empézache a afundir, cústache un pouco máis saír e iso é o que temos que mellorar".
