RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo considera "unha bendición" Abegondo e advirte que "mellorar cada día é o que nos pide a cidade, o Club"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de Abegondo que LaLiga Hypermotion "ten moi bos xogadores, grandes adestradores. Todo o mundo está moi preparado. A partir de aí hai que seguir limando situacións, ir mellorando día a día porque é o que nos pide a cidade, o Club: ser esixentes, ir ao límite. Iso é o que traballamos todos os días".

Así pois, o técnico deportivista resalta que o equipo "traballa o próximo partido ao mínimo detalle, con esa esixencia que sempre require a categoría, con ese plus de confianza que che dan o resultados pero sabendo que mañá (en Mendizorroza ás 16:15 ante o CD Mirandés) vai ser un partido moi difícil e moi igualado".

Subliña que "traballo cada día para atopar a máxima esixencia, o máximo compromiso dos meus xogadores para estar preto de poder sumar cada semana. Sabemos que temos marxe de mellora porque os xogadores nolo din así. Teñen ese talento. A cidade esíxenolo, o Club esíxenolo. Estamos nun sitio incrible. É unha bendición vir cada día a Abegondo con todo o que temos aquí. E a partir de aí ir crecendo cada día, ir pondo ese listón cada vez máis alto, a ver onde o podemos levar".

Do CD Mirandés Antonio Hidaldo apunta que "veñen desas dúas vitorias que lle dan esa tranquilidade despois dun arranque difícil cun primeiro partido de liga que quedan cun menos moi pronto. Teñen unha estrutura clara, están a competir ao máximo nivel. Alfredo, o seu Director Deportivo ao que coñezo perfectamente, fixo un gran traballo. Sabemos as limitacións que poden ter. Os perfís dos xogadores foron cambiando conforme foron chegando. E iso foise ensamblando".

Vaticina finalmente "un partido igualado, como todos os da categoría".