RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo cre que os 23 puntos na táboa "é unha cifra moi boa"

Antonio Hidalgo cre que os 23 puntos que agora mesmo conta o Dépor na clasificación de LaLiga Hypermotion "é unha moi boa cifra. Sabedes o difícil que é a categoría. Hai momentos que poida parecer máis sinxelo pero os rivais están moi preparados, a categoría é moi igualada".

Remarca na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "en cada pequeno detalle dos partidos pódese decantar dun lado ou doutro".

Cre que agora os partidos "nesa solidez témolos máis controlados e pasan menos cousas que nalgúns partidos anteriores. A partir de aí seguir crecendo para seguir sumando vitorias, que é o máis importante nesta categoría".

O técnico deportivista admitiu que ante a Cultural Leonesa "o equipo gustoume máis na segunda metade que na primeira. Obviamente neses primeiros 25 minutos esa presión para meter ao rival, meter ao estadio, empuxar, porche por diante é vital fundamentalmente en casa".

Finalmente Antonio Hidalgo, con esta terceira vitoria consecutiva do Dépor, incluído o partido de Copa del Rey en Castro Urdiales ante a UD Sámano, considera finiquitado a fochanca de resultados e proponse "mirar cara a adiante, pensando xa no partido da semana que vén, como afrontar as situacións, como ser sólidos, como ter pegada..."

Subliña que "atopamos esa solidez que é importante. Temos que ir ao límite en non conceder e cando si ou cando non presionar".

Mostrouse "contento por volver atopar pequenos detalles que axustamos da primeira á segunda parte. Concedemos moi pouco na segunda parte. Ese é o camiño".