RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Isto é larguísimo. Hai que levantarse, hai que saber sufrir"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa o do SkyFi Castalia "é un partido perdido. Queda moitísimo por diante".

Ve ao Dépor "con boas sensacións. A partir de aí cando perdes non estás contento. O equipo compite contra calquera, como ante un equipo físico como o de hoxe (por onte) e cun volume de ocasións que ten normalmente".

O técnico deportivista puxo como exemplo as accións de estratexia: "Defendemos moi ben o balón parado, que son poderosos. Pero isto vai de meter goles. Tiraron 2 veces a portería entre os 3 paus e meteron 2 goles".

Fala tamén de "pequenos detalles que hoxe non viñeron do noso lado" e pon como exemplo "a de Mario Soriano que dá no traveseiro, daquela o remate de David Mella entre os 3 paus; e situacións claras, ben xogadas, que non fomos definitivos. Chegamos ao último terzo e fáltanos... Unha situación de David Mella por banda dereita que saca un pase atrás, Zaka tócaa coa punta e xusto detrás está Yere para poder empuxar".

O preparador branquiazul opina que "o equipo interpretou moi ben o que requiría o partido en todo momento. Certo que nos últimos minutos estivemos algo desaxustados pero sen sufrir ocasións claras do rival. Faltounos ese último terzo, ese poder meterte no partido, que é o que che dá vida. Puxemos todo o que tiñamos no banco a falta de Cristian Herrera".

Subliña ademais que "empezamos moi ben a segunda parte, que era o momento de meterte no partido, e a partir do segundo gol non foi posible".

Finalmente, Antonio Hidalgo reitera que "o equipo o tentou de todas as maneiras. Isto é larguísimo. Hai que levantarse, hai que saber sufrir. Estamos a competir contra rivais da parte alta e estamos moi preto diso".