RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo, "moi contento co mercado", asegura que "con ANOSAFORZA sentimos moi cómodos"

Antonio Hidalgo subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "nos gustaría brindarlles vitorias a #ANOSAFORZA cada semana. Isto vai de sumar puntos, xa sexa en casa ou fóra".

Admite que "os rexistros en ABANCA-RIAZOR témolos que mellorar. Sabemos o potencial que temos e con #ANOSAFORZA sentimos moi cómodos. Os nosos xogadores teñen que sentirse poderosos coa nosa xente".

O técnico deportivista sostén que "o ambiente que se respira en ABANCA-RIAZOR é incrible. A partir de aí ir madurando o partido".

Vaticina este domingo 8 de febreiro ás 16:15 ante o Albacete Balompié (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) "un partido pechado. Vai custar facer ocasións de gol. Imos tentar que iso non sexa así".

Conta o preparador branquiazul que "co devir dos minutos póidanos entrar un pouco máis de présa, de querer atacar máis rápido. Eles teñen unha transición moi boa, acumulan xente en última liña. Imos ter que estar precavidos, atacar ben e ir xerando o volume suficiente para xerar esas ocasións que nos dean a posibilidade do gol".

Finalmente, pechado o mercado de inverno, Antonio Hidalgo explica que "fomos a por posicións que viamos que podiamos mellorar ou complementar o que xa tiñamos. Coa lesión de Ximo necesitabamos un lateral dereito. Alti chegou e está a dar un rendemento moi bo. Coa saída de Bachmann tiñamos que incorporar a outra peza. Veu Álvaro. E Riki é unha situacion que o Club levaba traballando moito tempo. Vainos a facer mellores, complementar situacións que antes non tiñamos tan claras. E estou moi contento co mercado".