RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo valora "seguir sumando, que é o importante"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de Ipurúa que o Dépor sumou "un punto sufrido, un máis. Isto vai de sumar e estou contento co traballo".

O técnico deportivista asegura que "o que pasou na primeira parte é o que eu tiña na cabeza. Eles empezaron a porse de 3 no esquerda pero collendo moita altura. Aí a nós faltounos altura á hora de presionar especialmente por falta de pernas. Non paraban de acumular xente en última liña. O gol entra por un rebote en Lou", resumiu.

Mostrouse "moi contento polo sufrimento porque isto vai de sufrir. Hai que competir contra todo o mundo. Estou encantado de competir en Ipurúa, un estadio con moito empuxe. Un punto, seguir sumando que é o importante".

Finalmente, preguntado por Yeremay, Antonio Hidalgo dixo que "está a facer un gran traballo sen a pelota. Ten un talento innato. Vai lendo cada vez máis onde están as situacións de vantaxe para poder recibir. Estou contento con Yere, con outro gol, co traballo. Fixo un gran partido e estou moi contento por el".