O XIX Torneo RC Deportivo de categoría benxamín e prebenxamín queda aprazado debido ás obras de modernización que veñen levando a cabo na Cidade Deportiva de Abegondo desde hai varios meses.
A pesar do esforzo do Club por celebrar a edición deste ano, estas actuacións, esenciais para seguir mellorando as nosas instalacións e garantir unha contorna de primeiro nivel para os nosos equipos, así como a formación e o desenvolvemento dos nosos novos talentos, imposibilitan asegurar as condicións óptimas necesarias para a correcta celebración dun evento da magnitude e o prestixio do noso torneo.
O RC Deportivo tomou esta decisión con responsabilidade e co compromiso firme de que o torneo volverá concluídas as obras, cun novo formato e mantendo o nivel organizativo e deportivo que o converteu nun referente do fútbol base.
En todo caso, este próximo 17 de maio volverá ser un día especial para a familia deportivista coa celebración de varios eventos que se anunciarán nos próximos días.
Agradecemos a comprensión de clubs, familias e afeccionados; e reiteramos o noso compromiso coa promoción do fútbol formativo.