Arturo rescinde o seu contrato co RC Deportivo de mutuo acordo
Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte (Cartagena, Murcia, 30 de abril de 1989) non continuará no RC Deportivo após rescindir o contrato que unía a ambas as partes até xuño de 2024 de mutuo acordo.
Arturo é libre para escoller o seu próximo destino profesional, para o que o Deportivo, igual que a nivel persoal, deséxalle a maior das sortes, agradecéndolle tamén o seu traballo desde o pasado mes de xaneiro na Coruña.