RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

As Nosas Cores: Galicia Atlántica, terceira camiseta do Dépor 22-23

Kappa, patrocinador técnico do RC Deportivo, presentou hoxe da man do Club a terceira camiseta do Dépor 2022-2023, Galicia Atlántica, un deseño entre ambas as entidades coa combinación, como desde hai case unha década, das cores da bandeira de Galicia.

Nesta ocasión o azul da insignia serve para trazar toda a silueta costeira da Galicia Atlántica e encher o mar que baña todo o litoral galego. O mapa da comunidade componse en branco mentres que o resto de elementos: escudo en goma, o ommini de Kappa e os logos de Estrella Galicia e ABANCA, ademais dos detalles de pescozo e mangas preséntanse en azul mariño.

Como nas outras dúas camisetas, a parte posterior do pescozo leva o nome da elástica, GALICIA ATLÁNTICA, escrito coa tipografía creada especialmente para o Dépor polo deseñador galego Rubén Prol.

Como con Galicia Azul, e Galicia Verde, con este modelo e a través de futuras accións, o RC Deportivo quere pór a disposición da sociedade o seu potente altofalante social para colaborar na difusión de campañas de concienciación de coidado e limpeza do litoral e as costas, proxectos cos que colabora a través da súa Fundación para contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas.

A terceira camiseta do Dépor para esta temporada, Galicia Atlántica, xa está a disposición do deportivismo nas DéporTiendas físicas e en www.deportienda.es.