As Nosas descansan este domingo e adestraranse de novo o luns 4 ás 17:30 en Abegondo
A suspensión do partido ligueiro entre o Valencia CF Féminas e o Deportivo ABANCA como consecuencia da traxedia provocada por unha DANA especialmente na Comunidade Valenciana obrigou a cambiar os plans do corpo técnico do equipo deportivista.
Así, As Nosas adestráronse esta mañá en Abegondo, día fixado para o choque no Estadio Antonio Puchades valenciano, e terán mañá domingo xornada de descanso.
Irene Ferreras citou de novo ás súas futbolistas o luns 4 ás 16:00 para unha sesión vespertina con vídeo, ximnasio e traballo no céspede a partir das 17:30 horas.
Ao concluír farase pública a lista de convocadas para medirse ao Real Betis Féminas o martes 5 de novembro ás 20:00 horas en Abegondo (Teledeporte), en partido correspondente á 3ª eliminatoria da Copa de la Reina.