RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

As Nosas prepáranse desde este mércores para "dar nosa mellor versión" este sábado ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR

Despois de dúas xornadas de descanso, As Nosas regresan mañá mércores 23 de abril aos adestramentos co obxectivo claro de "dar nosa mellor versión", tal e como apuntou Fran Alonso, este sábado 26 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR (Dazn) ante o Granada CF.

O técnico deportivista pediu máis contudencia "nas dúas áreas. E iso é o que nos pode axudar moito de aquí a final de temporada".

Os resultados da última xornada, coa derrota en Buñol ante o Levante UD, deixaron ao Dépor ABANCA na 13ª posición da Liga F con 26 puntos.

"Sabiamos que iamos estar loitando até o final", comentou o preparador branquiazul, que se lamentou de non sacar unha vitoria ante o conxunto granota que "fose fantástica para nós".

O corpo técnico dispuxo de 3 sesións de traballo ás 11:00 en Abegondo previas ao encontro ante as granadinas.

Cada día que haxa actividade na Cidade Deportiva, o cadro almorzará e comerá na propia instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 23 de abril
11:00 h.

Xoves 24 de abril
11:00 h.

Venres 25 de abril
11:00 h.

Sábado 26 de abril
12:00: Deportivo ABANCA - Granada CF, en ABANCA-RIAZOR