RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea del Castillo renova co Dépor ABANCA até 2022

Athenea del Castillo Beivide (Santander, 24 de outubro de 2000) asinou a prolongación do seu contrato co Deportivo ABANCA até o verán de 2022, por unha temporada máis, xa que o pasado mes de febreiro ampliara a súa vinculación até xuño de 2021.

A dianteira cántabra, que o próximo mes de outubro cumprirá 20 anos, chegou ao equipo branquiazul hai exactamente un ano procedente do CDE Racing Féminas.

Athenea xogou como titular 13 dos 21 partidos que o Deportivo ABANCA disputou na súa estrea na Primera Iberdrola, na que alcanzou unha histórica cuarta posición. Ademais, saíu desde o banco noutros 4 máis, para totalizar 17 presenzas. Athenea marcou 2 tantos e entregou 6 pases de gol, que a converteron na máxima asistenta do equipo igualada con Teresa Abelleira.

A rapaza internacional sub-20 tamén disputou como titular os dous partidos do conxunto branquiazul na Copa da Raíña, o de oitavos de final en ABANCA-RIAZOR fronte á Valencia CF Femenino (7-2) e o de cuartos de final no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona (1-0). Ademais, no primeiro deles foi a autora do gol que abriu o marcador.