RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea del Castillo: "Todas xuntas, remando na mesma dirección, ímolo a conseguir"

Athenea del Castillo compareceu ante os medios informativos nada máis concluír o encontro do Deportivo ABANCA ante o Rayo Vallecano.

A dianteira deportivista, autora de dous goles esta mañá, cre que foi o partido máis completo da temporada: "Para min foi o máis completo pero eu tento axudar ao equipo en todo o que poida. Tiven a sorte de poder axudar con goles e participar máis que noutros partidos. Quedo cos tres puntos e as boas sensacións para os partidos que veñen".

Así mesmo, comenta que "melloramos fisicamente. Nótase. O equipo aperta. Tiñamos moi claro o que tiñamos que facer tanto cando tiñamos balón como cando non o tiñamos. Notouse. O equipo estivo moi intenso, #ANOSAFORZA tamén aperta e fainos motivarnos un pouquiño máis se se pode para conseguir ese obxectivo que é a salvación. Todas xuntas, remando na mesma dirección, ímolo a conseguir".

Ademais do triunfo, subliña Athenea que con este marcador supera a diferenza de goles particular coas rayistas (3-1 en Madrid por 3-0 en Abegondo): "É moi importante gañar a diferenza de goles a un rival que pode ser directo na salvación. Pero tentaremos salvarnos antes, conseguir máis tres todas as fins de semana e dar unha alegría ao deportivismo".

Insiste a futbolista do Deportivo ABANCA que queda hoxe "coas boas sensacións que tivemos hoxe. O equipo vai loitar polos tres puntos en Logroño como cada fin de semana. É un partido complicado. Oxalá podamos traernos os tres puntos e que o obxectivo se cumpra canto antes".