RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Auga de Parada e Yeremay inician o patrocinio individual dos xogadores do Dépor por terceira campaña consecutiva

De cara á temporada 2023-2024, o RC Deportivo activa por terceiro curso consecutivo o soporte publicitario para todas as empresas que colaboran co Club a través do patrocinio de cada un dos xogadores do cadro.

Xa son varias as firmas coruñesas e Deportivistas que vincularán o seu nome ao dun dos futbolistas de Dépor, unha relación que hoxe arranca da man de Auga de Parada e de Yeremay Hernández, que será o xogador que leve a imaxe da empresa galega na parte baixa da camiseta.

Ademais de na elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparecerá na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR.

Ademais, no caso de Auga de Parada, xa se converteu en patrocinador da pretemporada branquiazul, a #DéporXiraAugaDeParada, e esponsoriza desde a campaña pasada todos os partidos retransmitidos pola canle oficial de YouTube do Club, tanto do Dépor ABANCA, como do Fabril ou do Xuvenil A.

Todos os detalles deste patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Os Nosos nesta temporada 2023-2024 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es.