RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Jose Ángel fala de "partido moi completo" e Eddahchouri advirte que "necesitamos a ANOSAFORZA para gañar partidos"

Jose Ángel e Zakaria Eddahchouri pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o triunfo ante a Cultural Leonesa.

O mediocentro andaluz mostrouse "contentísimo por cortar a semana pasada a mala serie de resultados. Fixemos un grandísimo partido en Zaragoza e gañamos con solvencia. E hoxe (por onte) o mesmo".

Asegura estar "contento por volver sumar de 3 sobre todo en ABANCA-RIAZOR, con #ANOSAFORZA. Darlles unha alegría é sempre especial. E contento polo partido tan completo que se fixo".

José Ángel considera "importantísimo a portería a cero. Os equipos que ao final de liga están no máis alto da clasificación adoitan ser os que menos goles reciben. Xa levamos 2 xornadas consecutivas. Defensivamente estamos a traballar moi ben e o equipo fixo un grandísimo traballo tanto ofensiva como defensivamente".

Finalmente, a nivel persoal, está "contento. Facía tempo que, quitando a Copa, non xogaba tantos minutos. Sinto ben porque xa levo moitos adestramentos acumulados desde que volvín de lesión. E preparado para os minutos e oportunidades que me dea o adestrador".

Pola súa banda, Zakaria Eddahchouri, con 7 goles na cabeza da clasificación dos goleadores da categoría, tamén está "moi contento por conseguir os 3 puntos, marcar goles e dar asistencias para gañar os partidos".

O dianteiro holandés subliña que "necesitamos a #ANOSAFORZA para gañar partidos. Necesitámolos".