RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dous grupos de traballo no Dépor este domingo como antesala a dous días de descanso e após "un gran partido os 90 minutos"

Antonio Hidalgo dividiu ao cadro en dous grupos este domingo 9 de novembro no Dépor Training Center na clásica sesión pospartido, previa ademais aos días de descanso previstos este luns 10 e martes 11 de novembro.

Os titulares ante a Cultural Leonesa tiveron unha xornada de recuperación, cunha activación no céspede, ximnasio e fisioterapia.

Jose Ángel, na zona mixta após xogar a segunda parte, confesa que "me encanta xogar en ABANCA-RIAZOR con #ANOSAFORZA".

O mediocentro andaluz fala de "un gran partido os 90 minutos" ante a Cultural Leonesa. "Hai veces que podes ter o control os 90 minutos e si algúns tramos; e hai veces que non chegas moito e cun erro posche por diante. Isto é fútbol. O importante é saber manexar todas as situacións", engadiu.

Para o resto do cadro, incluídos os canteiráns Mario Hermo e Álex Marqués, houbo un xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Ximo Navarro, Escudero e Bachmann estiveron con adestramento personalizado.

Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center o mércores 12 de novembro ás 10:30 para comezar a preparar a próxima cita en LaLiga Hypermotion, o domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e TEN) no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel ante o Córdoba CF.