RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Bárbara Latorre: "Temos moi pouco que perder e moito que gañar"

Bárbara Latorre manifestouse moi contenta e tranquila esta mañá na súa comparecencia na sala de prensa de Abegondo: "Fixemos unha pretemporada moi boa e considero que debemos ter paciencia e estar tranquilas". A xogadora proponse como obxectivo "sacar ou 100%" e "poder axudar ao equipo a sacar a súa mellor versión".

Con respecto ao primeiro encontro ligueiro fronte ao FC Barcelona, a exbarcelonista asegura que é "a mellor maneira de empezar" e que "é o mellor equipo nestes momentos, a maior referencia". É consciente de que non será un partido fácil e insiste en manter tranquilidade e competir ao máximo: "É un partido especial, porque eu vivín moitas cousas alí e hai que enfocalo da mellor maneira posible".

En relación coa súa chegada ao Dépor ABANCA, Bárbara comenta que "era unha gran oportunidade para reencontrarme co fútbol e gozar no campo". Doutra banda, tamén aproveita para subliñar o investimento do Club no fútbol feminino, "están a facerse as cousas moi ben e estanse vendo os resultados".

Finalmente, a deportivista resalta o bo estado do equipo: "Estamos preparadas para competir e estou moi contenta e ilusionada co traballo que se fixo en pretemporada. Temos moi pouco que perder e moito que gañar". O grupo sorprendeulle para ben e considera que teñen moitos puntos fortes que axudarán a pór as cousas moi difíciles.