RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Benxamín A e Alevín A compiten mañá luns 6 e o mércores 8 respectivamente no Torneo Tucho de la Torre

O Benxamín A e o Alevín A do Deportivo participan mañá luns 6 de decembro e o mércores 8 respectivamente, aproveitando a festividade de ambos os días, na sexta edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre, competición que se xoga no Campo Municipal de San Pedro en Marín.

Os dous equipos teñen como rivais iniciais na Primeira Fase ao CD Lugo, Coruxo FC, EF Villa de Marín, CD Choco e Arosa SC.

O calendario de partidos de Benxamín A e Alevín A, todos no campo 1, é o seguinte:

Luns 6 de decembro
10:00: BENXAMÍN A - CD LUGO
1100: CORUXO FC - BENXAMÍN A
12:30: BENXAMÍN A - EF VILLA DE MARÍN
16:00: CD CHOCO - BENXAMÍN A
17:30: BENXAMÍN A - AROUSA SC

Os catro primeiros acceden aos cuartos de final; mentres que o quinto e sexto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 18:00 horas.

Mércores 8 de decembro
10:00: ALEVÍN A - CD LUGO
1100: CORUXO FC - ALEVÍN A
12:30: ALEVÍN A - EF VILLA DE MARÍN
16:00: CD CHOCO - ALEVÍN A
17:30: ALEVÍN A - AROUSA SC

Os catro primeiros acceden aos cuartos de final; mentres que o quinto e sexto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 18:00 horas.