RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Bo Nadal e Forza Dépor!

Nestas datas tan especiais, o RC Deportivo quere enviar unha mensaxe de agradecemento e agarimo a toda a familia deportivista: afeccionados e afeccionadas, abonados e abonadas, xogadores e xogadoras, corpo técnico, empregados e empregadas, patrocinadores e colaboradores. 

O Nadal convídanos a mirar atrás con orgullo e cara a adiante con ilusión. Son momentos para lembrar que o Deportivo é moito máis que un club: é sentimento, memoria compartida e un vínculo que une a xeracións baixo uns mesmas cores.

Grazas por ser parte de nós, por acompañarnos sempre, por crer, por apoiar e por levar o nome do Dépor alí onde esteades. Xuntos seguiremos construíndo o camiño, coa mesma paixón e o mesmo compromiso que nos define.

Desexámosvos un Bo nadal e un Ano Novo cheo de esperanza, saúde e alegrías branquiazuis.

Bo Nadal e Forza Dépor!