RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Boiro e Santa Comba súmanse aos DéporCampus Cabreiroá deste verán

Como cada verán regresa a principal actividade social do RC Deportivo a través da súa Fundación, os DéporCampus Cabreiroá, nos que participan miles de nenas e nenos de boa parte de Galicia e para os que o pasado luns 6 de maio abriuse o prazo de inscrición. Este ano desenvolveranse, para participantes desde os 6 aos 14 anos, entre finais do mes de xuño e principios de agosto.

Ás 15 sedes inicialmente anunciadas no catro provincias galegas sumáronse nos últimos días dous máis, ambas as dúas na provincia da Coruña: Boiro, que xa organiza un DéporCampus Cabreiroá desde 2018, e Santa Comba.

Así pois, Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Outes, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Verdugo, Villa de Marín, Viveiro e Zas son agora mesmo as 17 localizacións nas que se desenvolverá a actividade en diferentes semanas dos tres meses de verán.

Nestas primeiras semanas, as inscricións xa roldan os 1.000 participantes entre todas as sedes.

Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo, ademais dos que gozan Socios ou Accionistas do RC Deportivo, xogadores do Club, familias numerosas ou con máis dun membro en paro, familias que inscriban a máis dun fillo, socios protectores e xogadores e xogadoras do club colaborador de cada sede.

Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es/gl, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de deporcampus@rcdeportivo.es.

/* Bot imbee */