RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez perfila ao Dépor cun partido once contra once esta tarde en Abegondo

Nunha semana longa, previa ao encontro do domingo 29 de agosto ante o RC Celta B (21:30, Footters), os técnicos branquiazuis decidiron romper a rutina e o ritmo de traballo; e trasladaron a única sesión de hoxe xoves á tarde, a partir das 19:00 horas, tamén na Cidade Deportiva.

Despois da dura carga de onte mércores, o balón foi o protagonista no adestramento de hoxe. Un exercicio de posición deu paso a un partido once contra once, a todo o campo 2, xa coa mente de futbolistas e técnicos posta no debut ligueiro ante o cadro céltico.

Como é habitual neste tipo de tarefas, os técnicos branquiazuis e en especial Borja Jiménez impartiron constantes instrucións aos seus futbolistas.

Con Uche de permiso, só Valín e Diego Aguirre realizaron un adestramento específico ás ordes de Álex Canosa entre o ximnasio e a padiola dos fisioterapeutas.

Alberto, Trilli, Noel e Yeremay foron a representación de #ANOSACANTEIRA na sesión.

Mañá venres 27 de maio o equipo recupera o horario matinal. O cadro está citado ás 9:00 horas para almorzar no comedor da Cidade Deportiva e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.