O Fabril retoma a competición en Segunda Federación este sábado 30 de novembro ás 16:30 (YouTube RC Deportivo) ante o UD Llanera.
Os fabrilistas son sétimos na táboa con 19 puntos e 1 partido menos, o aprazado o pasado domingo nas Eiroas ante o Bergantiños CF polo temporal de vento, que se xogará o próximo 18 de decembro ás 20:00 horas.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar os asentos e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.
As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves 28 de novembro ás 23:59 h.
A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
O mesmo sábado en Abegondo xoga o Cadete ante o CD Lugo (11:30) e no Monte o San Tirso SD Infantil fronte ao Ourense CF.
Lonxe de casa o San Tirso SD Cadete, sen os internacionais Raúl Lema e Nikolay, visita ao ED Val Miñor Nigrán (12:30) e o Infantil ao CD Lugo (12:00).
Para o domingo ás 12:00 quedan os partidos dos xuvenís ante os terceiros clasificados: o A de División de Honra na Cidade Deportiva ante o Real Racing Club e o B de Liga Nacional en Os Remedios ante o Pabellón Ourense CF.
Descansa esta fin de semana o Alevín A, líder da Primera A Coruña de fútbol 8; pero si compiten o Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín.
Onte martes houbo triunfo do Alevín A e do Fabril FC Benxamín en partidos aprazados pola folga do persoal de conserxería das instalacións municipais da Coruña.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
14ª xornada: FABRIL - UD LLANERA, o sábado 30 de novembro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: ... 6. Rayo Cantabria, 21 puntos; 7. Real Valladolid e Fabril (un partido menos), 19 puntos...
Categoría xuvenil
13ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 1 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 28 puntos; 2. RC Celta, 27 puntos; 3. Real Racing Club, 24 puntos...
13ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, o domingo 1 de decembro ás 12:00 en Os Remedios
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 30 puntos; 2. Xuvenil B, 28 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 27 puntos...
Categoría cadete
12ª xornada: CADETE - CD LUGO, o sábado 30 de decembro ás 11:30 en Abegondo
12ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 30 de decembro ás 12:30 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 33 puntos; 2. Cadete, 30 puntos; 3. Arosa SC e ED Val Miñor Nigrán, 23 puntos; 5. CD Lugo, 22 puntos... 8. San Tirso SD Cadete, 17 puntos...
Categoría infantil
11ª xornada: CD LUGO - INFANTIL, o sábado 30 de decembro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago (campo 1)
11ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - OURENSE CF, o sábado 30 de decembro ás 11:30 en Abegondo (campo de herba artificial)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 30 puntos; 2. RC Celta, 27 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 18 puntos... 8. CD Lugo, 16 puntos... 14. Ourense CF, 5 puntos...
Categoría alevín
4ª xornada (martes 26): ALEVÍN A 1 (Alejandro Astray) - URAL ESPAÑOL CF 0
6ª xornada: OZA JUVENIL SD - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 30 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 15 puntos; 2. Victoria CF (2 partidos menos), 9 puntos... 6. Fabril FC Alevín (1 partido menos), 2 puntos... 8. Oza Juvenil SD (2 partidos menos), 0 puntos...
Categoría benxamín
6ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF, o sábado 30 de novembro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
5ª xornada (martes 26): FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Tomás Sánchez -3-, Fabio Álvarez -2-, Hugo Cancela e Manu López)
6ª xornada: ORILLAMAR SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 30 de novembro ás 9:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A (un partido menos) e Fabril FC Benxamín, 12 puntos; 3. Ural Español CF (2 partidos menos), Atlético Coruña Montañeros (2 partidos menos), Victoria CF (2 partidos menos) e CD Calasanz (1 partido menos), 6 puntos... 8. Orillamar SD (2 partidos menos), 1 punto...
