RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, cun encontro suspendido

O partido do Fabril no campo do Viso ante o CSD Arzúa foi aprazado debido a un caso positivo de COVID-19 no filial deportivista detectado a pasada semana.

Informadas as autoridades sanitarias, esa persoa así como os seus contactos estreitos atópanse en situación de illamento; é dicir, con adestramento específico nos seus domicilios.

Agora será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data para a celebración deste encontro correspondente á 15ª xornada no subgrupo A de Terceira División, "nunha nova data o máis próxima posible no tempo".

Si xogan o resto de equipos de #ANOSACANTEIRA, todos lonxe da Cidade Deportiva: Deportivo ABANCA B en Santiago (domingo ás 12:00); Xuvenil A en Nigrán (domingo ás 12:00); e Xuvenil B en Lalín (sábado ás 16:30).

Estes días, varios xuvenís adestráronse co primeiro equipo ás ordes de Rubén de la Barrera, caso de Dani Barcia, Padín ou Brais. Os dous primeiros mesmo xa foron convocados para o partido en ABANCA-RIAZOR entre o Deportivo e a SD Compostela.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
15ª xornada: CSD ARZÚA - FABRIL, aprazado
Clasificación do subgrupo A: 1. UD Somozas (dous partidos menos), 26 puntos; 2. Bergantiños CF (tres partidos menos), Polvorín FC (un partido menos) e Racing Villalbés (un partido menos), 24 puntos; 5. Fabril (dous partidos menos), 21 puntos; 6. CSD Arzúa (un partido menos), 19 puntos; 7. Viveiro CF (un partido menos), 18 puntos...

Categoría feminina
12ª xornada: VICTORIA FC - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 31 de xaneiro ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da Primeira Nacional, subgrupo A: 1. Viajes InterRías FF (un partido menos), 22 puntos; 2. Victoria CF (dous partidos menos), 21 puntos; 3. UD Mos (dous partidos menos), 18 puntos; 4. Deportivo ABANCA B (un partido menos) e Victoria FC (un partido menos), 17 puntos; 6. Sárdoma CF (un partido menos), 14 puntos...

Categoría xuvenil
13ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - XUVENIL A, o domingo 31 de xaneiro ás 12:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Xuvenil A (un partido menos), 26 puntos; 2. RC Celta (dous partidos menos), 25 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 22 puntos...

11ª xornada: EF LALÍN - XUVENIL B, o sábado 30 de xaneiro no Anexo ao Manuel Anxo Cortizo (Lalín)
Clasificación da Liga Nacional, subgrupo A: 1. Xuvenil B (un partido menos), 27 puntos; 2. SD Compostela, 24 puntos; 3. Pontevedra CF, 22 puntos...