RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B o domingo en Abegondo

O partido do Dépor ABANCA B ante o Victoria CF, correspondente á 24ª xornada na Tercera Federación, é o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.

As Nosas chegan após o triunfo en ABANCA-Balaídos do pasado sábado e en 2ª posición da táboa, a 2 puntos do Olímpico de León.

O sábado 15 unicamente xogarase un partido: o Orzán SD Cadete mídese ás 12:30 en San Pedro de Visma ao Victoria CF, outro dos candidatos ao primeiro posto.

Xa o domingo, ademais do Dépor ABANCA B, o Orzán SD Xuvenil mídese ao CF Dumbría (16:30 na Torre) e o Orzán SD Infantil A ao Victoria CF (10:00, San Pedro de Visma 2) na última xornada da Liga Galega. Ambos os equipos chegan a esta última cita empatados a puntos.

Finalmente teñen descanso o Orzán SD Sub-21 na Primera Autonómica posto que o seu rival, o Escuela FB Amistade, retirouse da competición; e o Orzán SD Infantil B, que finalizou o grupo 1º da Liga Galega en 5ª posición con 27 puntos.

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF, o domingo 16 de marzo ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: 1. Olímpico de Léon, 60 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 58 puntos; 3. RC Celta, 56 puntos; 4. Sárdoma CF, 54 puntos... 7. Victoria CF, 40 puntos...

Primera Autonómica
Clasificación: 1. EFM Concello de Boiro e Orzán SD Sub-21, 59 puntos; 3. RC Celta B, 53 puntos...

Segunda Autonómica
23ª xornada: ORZAN SD XUVENIL - CF DUMBRÍA, o domingo 16 de marzo ás 16:30 na Torre (campo 1)
Clasificación: ... 2. Xallas FC, 56 puntos; 3. UD Carral e Sporting Burgo, 45 puntos; 5. Orzán SD Xuvenil, 42 puntos; 6. SD Tordoia, 41 puntos; 7. CF Dumbría, 40 puntos; 8. UC Cee, 39 puntos...

Liga Galega cadete
19ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD CADETE, o sábado 15 de marzo ás 12:30 en San Pedro de Visma 2
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete (un partido menos), 45 puntos; 2. Racing de Ferrol, 43 puntos; 3. Victoria CF (2 partidos menos), 42 puntos; 4. CD Narón (1 partido menos), 30 puntos... 

Liga Galega infantil
18ª xornada (última): VICTORIA CF - ORZÁN SD INFANTIL A, o domingo 16 de marzo ás 10:00 en San Pedro de Visma 2