RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA, co Fabril o sábado en Asturias e o Xuvenil Ao domingo en Santander

Novo e apaixonante fin de semana de competición para ANOSACANTEIRA.

O sábado 12 de abril a atención está centrada no Fabril, que visita ao UD Llanera ás 18:30 no Estadio Pepe Quimarán da localidade asturiana de Posada de Llanera.

Após o triunfo ante o Bergantiños CF do pasado sábado en Abegondo, os fabrilistas consolidaron a 5ª praza no grupo 1º de Segunda Federación, posto de play off.

Manuel Pablo non quere confianzas neste recta final sobre todo ante a visita dun dos campos máis complicados da categoría e ante un rival que se está xogando a permanencia.

En canto ao resto de categorías sobresae #ONOSODERBI na División de Honra cadete ás 11:30 no campo principal de Abegondo.

Os branquiazuis encaran o choque cunha desvantaxe de 5 puntos respecto dos célticos.

Ao acabar este encontro comezará o choque da División de Honra infantil entre o Dépor e o AJ Lérez, ás 13:15 no campo de herba artificial.

Fóra de casa xogan o San Tirso SD Cadete en Vilagarcía ante o Arosa SC (18:30) e o San Tirso SD Infantil en Vigo ante o CD Areosa (18:00).

Completa a xornada do sábado o choque do Alevín A ante o Atlético Perillo correspondente á Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. Os deportivistas lideran o grupo con 9 puntos de 9 posibles.

Para o domingo 13 queda o partido do Xuvenil A en Santa Cruz de Bezana ante o Real Racing Club.

Os pupilos de Miguel Figueira son segundos na táboa a 1 punto do RC Celta, líder da División de Honra. 

Por conseguinte, non poden fallar para seguir optando ao título.

Finalmente, non teñen competición esta semana o Xuvenil B e o Fabril FC Alevín, cuxos partidos correspondentes a esta xornada disputáronos xa este mércores e martes respectivamente; o Alevín de fútbol 11, cuxo partido ante o CD Calasanz xogarao o vindeiro mércores 23 de abril; e os dous equipos benxamíns, á espera da Fase Intermedia do Campionato Galego.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
31ª xornada: UD LLANERA - FABRIL, o sábado 12 de abril ás 18:30 no Estadio Pepe Quimarán (Pousada de Llanera, Asturias)
Clasificación: ... 2. CD Numancia, 55 puntos; 3. Real Ávila CF (un partido menos), 49 puntos; 4. Real Avilés Industrial (un partido menos), 48 puntos; 5. Fabril, 47 puntos; 6. Bergantiños CF, 43 puntos... 14. UD Llanera, 34 puntos...

Categoría xuvenil
28ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 13 de abril ás 12:45 no Municipal de Bezana (Santa Cruz de Bezana, Cantabria)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 67 puntos; 2. Xuvenil A, 66 puntos; 3. Sporting de Gijón, 54 puntos... 5. Real Racing Club, 49 puntos...

Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 68 puntos; 2. RC Celta, 67 puntos; 3. Racing de Ferrol, 55 puntos

Categoría cadete
26ª xornada: CADETE - RC CELTA, o sábado 12 de abril ás 11:30 en Abegondo (campo principal)
26ª xornada: AROSA SC - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 12 de abril ás 18:30 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 75 puntos; 2. Cadete, 70 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 51 puntos; 4. Arosa SC e SD Compostela, 46 puntos, 6. San Tirso SD Cadete, 44 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 41 puntos...

Categoría infantil
24ª xornada: INFANTIL - AJ LÉREZ, o sábado 12 de abril ás 13:15 en Abegondo (campo de céspede artificial)
24ª xornada: CD AREOSA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 12 de abril ás 18:00 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 64 puntos; 2. Infantil, 61 puntos; 3. Racing de Ferrol, 51 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 45 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 36 puntos; 7. CD Lugo, 34 puntos; 8. Atlético Coruña Montañeros CF e AJ Lérez, 32 puntos... 16. CD Areosa, 8 puntos 

Categoría alevín
7ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN, o mércores 23 de abril ás 19:15 en Abegondo (campo de céspede artificial)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Alevín, 16 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 15 puntos; 3. CD Lugo, 14 puntos, 4. Racing de Ferrol (un partido máis), 13 puntos...

4ª xornada: ATLÉTICO PERILLO - ALEVÍN A, o sábado 12 de abril ás 10:30 no campo de O Redondo (Montrove, Oleiros)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A, 9 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, Betanzos CF e Atlético Perillo, 3 puntos

Clasificación do Torneo Delegación de fútbol 8, grupo A: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis), 12 puntos; 2. UD Carral (un partido menos), 4 puntos; 3. Imperátor OAR (dous partidos menos), 3 puntos...