- Foto: @fedefutbolcrc -
Canadá eliminou (0-2) a Costa Rica nos cuartos de final da Copa de Ouro da CONCACAF, en partido disputado a pasada madrugada en España.
Os canadenses foron superiores e mesmo o meta Estaban Alvarado evitou un resultado máis avultado.
Celso Borges foi de novo titular e foi relevado no minuto 90 de xogo por Jimmy Marín, con 0-2 xa no marcador.
O mediocentro deportivista, que tamén participou en todos os partidos da primeira fase, dous deles de titular e con dous goles marcados, bateu unha nova marca ao xogar o seu partido 135 coa camiseta da súa selección. Igualou así ao xa retirado Walter Centeno para converterse no futbolista con máis partidos na Tricolor.
Ademais, Celso Borges xogou o seu choque número 25 desde 2009 nesta competición, equivalente á Copa América ou a Eurocopa. Outra marca que pasará á historia do fútbol costarriqueño.
O destino quixo ademais que o partido ante Canadá disputárase no AT&T Stadium de Arlington, no estado de Texas; o mesmo estadio no que Celso Borges debutou na Copa de Ouro, no ano 2009 ante Guadalupe.
Costa Rica accedera a esta fase final como primeira do grupo C con tres vitorias nos tres encontros xogados ante Guadalupe, Surinam e Xamaica.
Os resultados de Costa Rica nesta edición da Copa de Ouro foron os seguintes:
Luns 12 de xullo
COSTA RICA 3 - GUADALUPE 1
Venres 16 de xullo
SURINAM 1 - COSTA RICA 2
Martes 20 de xullo
COSTA RICA 1 - XAMAICA 0
Cuartos de final
Domingo 25 de xullo
COSTA RICA 0 - CANADÁ 2