RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Catro adestramentos no Dépor previos á visita ao Osasuna B

O Dépor disporá de catro adestramentos desde mañá mércores para preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Osasuna B prevista para o domingo 25 de febreiro ás 20:00 en Tajonar (FEF TV), en partido correspondente á 25ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Os resultados da última xornada, coa goleada (4-1) en ABANCA-RIAZOR á SD Tarazona, deixaron a Os Nosos en 3ª posición da táboa con 44 puntos, superados unicamente pola SD Ponferradina (2º con 45 puntos) e polo Nastic de Tarragona (líder con 46 puntos).

Todas as sesións desta semana serán matinais en Abegondo, con almorzo previo para o cadro xa na instalación a partir das 8:45.

A do sábado 24 inicialmente está fixada ás 11:00, horario habitual durante o inverno, aínda que podería ser adiantada posto que ao concluír, o equipo inicia desde a Cidade Deportiva unha longa viaxe por estrada a Pamplona.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 21 de febreiro
11:00 h.

Xoves 22 de febreiro
11:00 h.

Venres 23 de febreiro
11:00 h.

Sábado 24 de febreiro
11:00 h. (pendente de confirmación)

Domingo 25 de febreiro
20:00: Osasuna B - Deportivo, en Tajonar