RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Catro sesións matinais en Abegondo para o Dépor e imos a Sestao a por todas

O Dépor preparará dende mañá martes con 4 sesións matinais na Cidade Deportiva a seguinte cita ligueira, a visita ao Sestao River prevista para o sábado 4 de maio ás 18:00 en Las Llanas (FEF TV), correspondente á 34ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos líderes con 68 puntos por 64 do FC Barcelona Atlétic, 2º na táboa. Por detrás veñen Nástic e Celta Fortuna, ambos con 60 puntos.

Imanol Idiakez subliñou onte na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "vimos do que vimos. Despois de tocar o inferno toda a primeira volta este equipo fíxose forte a base de crer en si mesmo, a base de resiliencia, de non renderse. Os mozos (por onte) vanse a ir casa amolados porque perderon 2 puntos no último minuto pero o martes volvemos adestrar, mirámonos aos ollos e imos a Sestao a por todas".

En parecidos termos expresouse Villares na zona mixta: "Agora imos a Sestao como tiñamos pensado ir xa, a gañar e a traer os 3 puntos de volta".

Outro dos futbolistas con máis experiencia no fútbol de elite, Mikel Balenziaga, advirte que o equipo sestaotarra "está en boa dinámica, nunha boa serie de resultados, é un campo complicado e como outros moitos campos que visitamos haberá que ir a polos 3 puntos como sempre, e con positividad".

Cada día o cadro está citada a partir das 8:30 para almorzar xa na instalación antes de saltar ao céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 30 de abril
11:00 h.

Mércores 1 de maio
11:00 h.

Xoves 2 de maio
11:00 h.

Venres 3 de maio
11:00 h.

Sábado 4 de maio
18:00: Sestao River - Deportivo, en Las Llanas