RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Catro sesións previas á visita da SD Logroñés a ABANCA-RIAZOR con moito que analizar, con moito traballo por diante para cambiar isto

O Deportivo completará catro sesións de traballo matinais antes de recibir á SD Logroñés este sábado 11 de novembro ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV), en partido correspondente á 11ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Os resultados da fin de semana deixaron a Os Nosos na 12ª posición da táboa con 14 puntos.

Cada día os futbolistas están citados ás 8:45 xa na instalación para almorzar; e logo tamén comerán após o adestramento entre os campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.

Onte en rolda de prensa, Imanol Idiakez subliñou que "dentro me vou a encargar de dicir as cousas que necesitamos e logo tratar de sacar rendemento ao cadro porque o de hoxe (polo partido de onte ante a Real Unión de Irún) non é propio de nós".

Confesa o técnico deportivista que "estamos todos cun desgusto importante, cunha mala uva importante porque unha cousa é perder e outra a imaxe que demos. Temos moito que analizar e moito traballo por diante para cambiar isto".

Ian Mackay, capitán do equipo, recoñeceu que a imaxe "non está de acorde con toda a xente que nos acompaña. Estamos desgustados por nós pero sobre todo por eles, porque sempre nos acompañan en todos os sitios. Temos que traballar e tentar volver á senda do triunfo".

E Lucas Pérez lembrou ante os medios de comunicación desprazados a Irún que "somos o Deportivo e iso esíxenos dar o máximo e o mellor en cada partido"; apuntou que "o que temos que facer é competir e gañar"; á vez que recalcou que "non hai que facer outra cousa que seguir traballando".

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 7 de novembro
11:00 h.

Mércores 8 de novembro
10:30 h.

Xoves 9 de novembro
10:30 h.

Venres 10 de novembro
10:30 h.

Sábado 11 de novembro
19:00: Deportivo - SD Logroñés, en ABANCA-RIAZOR