RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Charity Adule entra na convocatoria para recibir mañá ao FC Barcelona B en Abegondo

Charity Ogbenyealu Adule (Abia, Nixeria, 7 de novembro de 1993) adestrouse esta mañá por primeira vez co Deportivo ABANCA en Abegondo e entrou na lista de convocadas por Miguel Llorente para recibir mañá domingo na Cidade Deportiva (12:00 horas) ao FC Barcelona B, con motivo da primeira xornada en Segunda División.

Á internacional nixeriana referiuse Miguel Llorente onte en rolda de prensa: "É unha xogadora que nos vai a dar moita profundidade. Móvese ben entre centrais, entre central e lateral. Iso fai que podamos atopar ese equilibrio entre xogadoras que veñan máis ao pé e xogadoras que vaian máis ás costas. Tendemos a xogar en distancias moi curtas porque considero que así somos máis efectivas. Pero nesas curtas o rival ten que decidir se vir ou non vir. Se vén, o espazo está ás costas e xogadoras como Charity pódennos vir moi ben. E se non veñen continuaremos xogando ao pé e xogadoras como Charity xogando de extremo ou de '9' pódenos vir ben".

Quedan fóra por lesión María Sampalo, Laura Fernández, Andrea Sierra e Carlota, esta última a consecuencia dunhas molestias nun xeonllo, pendente de evolución nos próximos días.

As canteirás Tati, María Figueroa, Reigosa e Paula Novo completan esta primeira lista oficial de Miguel Llorente, quen precisamente adestraba ao Barça B a pasada temporada.

Cunha forte reestruturación no fútbol feminino nacional a partir da temporada que vén, que implica oito descensos á nova 3ª RFEF e só un ascenso a Primera Iberdrola, o Dépor ABANCA busca mañá ante o filial azulgrana un bo comezo para instalarse desde o primeiro minuto no grupo de cabeza.

Finalizado o encontro, o cadro deportivista adestrarase de novo o luns 6 de setembro ás 17:00 horas en Abegondo.